Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Día escolar da paz

  • 30.1.09
  • Temos que superar as guerras de Gaza, Paquistán, Colombia e moitas ducias máis, pero tamén os conflitos escolares, de violencia familiar e veciñal.
    Abre as túas portas á paz e a non violencia.
    O meu agasallo de hoxe son estas flores de orquídea.

    Autora do rótulo: Anxos Vázquez.
    Música: "Imagine" de John Lennon, mediante Deezer.


    Rótulo día da paz


    orquídea con flores

    As Catedrais

  • 25.1.09
  • A praia das Catedrais está situada na Mariña oriental, no concello de Ribadeo. Unha paisaxe única.

    As Catedrais leste

    As Catedrais oeste

    Museo del Prado, obras maestras

  • 18.1.09
  • Google acaba de publicar, en altísima resolución, 14 grandes obras de pintura do Museo del Prado: Artemisa de Rembrandt, Autorretrato de Durero, El 3 de mayo de 1808 de Goya, El caballero de la mano en el pecho de El Greco, El Cardenal de Rafael, El descendimiento de Van der Weyden, El emperador Carlos V de Tiziano, El jardín de las delicias de El Bosco, El sueño de Jacob de Ribera, Inmaculada Concepción de Tiepolo, La Anunciación de Fra Angelico, La Crucifixión de Flandes, Las Meninas de Velázquez e Las Tres Gracias de Rubens.

    A maneira de velas é a seguinte:
    - Abre Google Earth
    - Activa a capa "edificios 3D"
    - Busca "Museo del Prado" ou Madrid
    - Entra en Museo del Prado e xa aparece un detalle das 14 obras.

    Nas imaxes seguintes, Las Meninas e Carlos V.

    Todos os dereitos reservados, copyright Google - Museo del Prado.


    obras maestras

    Las Meninas

    Carlos V

    A vida oculta da auga

  • 10.1.09
  • Antonio Guillén Oterino agasallanos cunha fermosa reportaxe dos seus traballos de microfotografía. O Ateneo Fotográfico publicou, hai un ano, unha obra súa, gañadora do premio nacional de fotografía científica.
    Antonio é un ecólogo, doutor en bioloxía e catedrático de ciencias naturais. Percorre montañas e zonas semidesérticas, para descubrir novas paisaxes. Unha das súas paixóns é contemplar e retratar o marabilloso mundo microscópico.
    Do seu proxecto, recollemos unha colección de algas unicelulares.
    A primeira é a Staurastrum arctiscon, que habita en augas de montaña; nesta ocasión procede da "Laguna Negra", de Soria.
    En segundo lugar, Netrium interruptum, vive en augas de turbeiras; recollida no "Ibón de Batisielles", en Huesca.
    A continuación, Euastrum oblongum, tamén de augas de turbeiras; procede da "Laguna de los Peces", da Alta Sanabria.
    Finalmente, Pediastrum boryanum, asociación de algas unicelulares en forma de estrela; tomada no encoro de Santillana, nas proximidades de Manzanares el Real.

    Enlaces para coñecer máis detalles: Exposición, galería en Flickr.
    Escala, nas imaxes hai unha referencia equivalente a 20 micras (milésimas de milímetro).

    STAURASTRUM ARCTISCON



    NETRIUM INTERRUPTUM



    EUASTRUM OBLONGUM



    PEDIASTRUM BORYANUM

    Novo proxecto: fotoblog ateneo.aminus3

  • 3.1.09
  • En resposta a algunhas personas que utilizan Flickr e ás que seguen periodicamente o Ateneo Fotográfico, emprendo este novo fotoblog, no que recollerei unha selección das obras publicadas.
    O criterio principal serán os comentarios e o número de observacións en Flickr e o seguimento, por estética e outras razóns, no Ateneo Fotográfico.


    A ventaxa da comunidade "Aminus 3" é a publicación nun formato de maiores dimensións, cunhas referencias moi sinxelas, obra a obra. Así, aparecen o título, as características da imaxe e unha serie de etiquetas que nos guían.

    Photoblog ateneo.aminus3
    Real Time Web Analytics