Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Acuarelas de Cruz López Viso

  • 27.11.07
  • Bebedero

    Caballos

    Alberca

    Cruz López Viso presenta "Naturezas do límite na arquitectura de Luís Barragán", unha homenaxe á obra deste arquitecto mexicano, premio Pritzker en 1980.
    Esta exposición pode verse no Colexio de Arquitectos de Galicia (praza da Quintana, Santiago de Compostela).

    O triunfo da solidariedade

  • 22.11.07
  • Prestige EFE-Alberto Estévez

    Unha exposición organizada pola Axencia EFE en Galicia, coa colaboración das consellerías de Medio Ambiente e Pesca da Xunta de Galicia.
    Pode verse no Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo.

    Cinco anos despois da traxedia do Prestige, as fotografías daqueles homes e mulleres enfundados nos seus monos brancos tiznados de fuel constitúen un dos documentos gráficos máis impresionantes do fotoperiodismo ambiental dos últimos anos.

    Emilio Lavandeira, Xoán Alvarez Rey, J. Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L. Cereijido, Alberto Estévez, Alberto Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai asinan as obras desta exposición.

    Prestige EFE-Lavandeira jr



















    A primeira das imaxes corresponde a un voluntario na praia da Pedriña de Muxía, foi realizada por Alberto Estévez (EFE).
    A segunda das fotografías recolle un grupo de mariñeiros na costa da illa de Ons, o autor é Lavandeira jr (EFE).

    Máis información sobre a exposición en infoecología e na web da axencia EFE.
    O Ateneo Fotográfico manifesta o agradecemento a Arturo Larena pola súa colaboración.

    Sendeiro da Tebaida Berciana

  • 17.11.07
  • É unha continuación do Sendeiro dos Monxes, que arranca en Ponferrada. Na imaxe de Google Earth, podemos observar os picos de La Guiana, Tesón, Tuerto, Berdiaínas e Cabeza de la Yegua. 
    A continuación, está a estación de esquí do Morredero. Nunha boa parte do cordal dos montes Aquilianos supéranse os 2000 metros. 
    O sendeiro da Tebaida Berciana é circular, pode escomenzarse en Herrería de Montes (abandonada) e dirixirse a Montes ou ben a Peñalba.
    A proxección de fotografías percorre a primeira das posibilidades. Sendeiro fascinante, realmente único.
     Inicio descenso Chano Collado







    Plano Sendeiro Tebaida Berciana


    Tebaida Berciana (de La Guiana a Cabeza de la Yegua)


    Created with Admarket's flickrSLiDR.

    Outono na Ribeira Sacra

  • 10.11.07
  • Diego Pérez ("joe_aesmorga") agasállanos con estas fotos da ribeira do Miño, realizadas no meandro da Cova (O Saviñao, Lugo).

    A Ribeira Sacra é un lugar único no corazón de Galicia.


    Ribeira Sacra 2

    Ribeira Sacra 1

    Paisaxes de Islandia

  • 3.11.07
  • Dende unha perspectiva xeolóxica, Islandia ten só 17 millóns de anos de existencia. As súas paisaxes son sobrecolledoras, pola súa dimensión e beleza. Trátase dunha terra viva e chea de enerxía. A auga quente e a luz proveñen da terra.
    É un lugar equidistante de Europa e América, cun clima duro e unha latitude que provoca períodos longos de oscuridade durante varios meses do ano, realidade que cambia no verán coa chegada do sol de medianoite.



    Created with Admarket's flickrSLiDR.

    Texto e fotografías: Noemí Iglesias
    Real Time Web Analytics