Masai
Pobo de varios centos de miles de persoas, que viven na parte meridional de Kenia e na septentrional de Tanzania.

Os masai foron os guerreiros e gandeiros que dominaron as planicies do centro de África. Viven en asentamentos circulares (véxase a parte inferior dereita da imaxe de Google Earth, altitude do terreo: 1.500 metros) e, na medida das súas posibilidades, cultivan a terra. Dende a época colonial, unha boa parte do seu territorio foi tomado por facendas e granxas privadas, para proxectos gubernamentais e parques naturais. En xeral, conservan as áreas máis secas e menos fértiles.

Survival International é unha organización mundial de apoio aos pobos indíxenas, para axudarlles a defender as súas vidas, protexer as súas terras e decidir o seu propio futuro.
Etiquetas: outras culturas, pobos indíxenas














1 Comentarios:
<$BlogCommentBody$>
Publicar un comentario en la entrada
<< Home